Entedermos a diversidade identitaria

Despois do triunfo do modelo político xurdido para o desenvolvemento da burguesía e a revolución industrial, o que chamamos estado-nación, foi preciso desenvolver tamén a súa defensa e a súa lexitimidade político-filosófica. Nace así o nacionalismo decimonónico que se fundamenta no movimento filosófico e artístico que chamamos romanticismo. Neste momento histórico a burguesía precisaba dun discurso que explicase e lexitimizase o novo proxecto político e implicase ao conxunto da poboación no seu mantemento.

Dunha banda temos que para alcanzaren o poder político a burguesía fixo uso da presión social aliándose coas clases populares contra a nobleza. Tocaba entón tranquilizar esas clases populares vendíndolles que a vitoria era compartida. Doutra banda topámonos coa necesaria alianza das distintas burguesías existintes dentro dos novos estados. Nacía así a idea nacional: a nación, que é o proxecto político, tiña que ser lexitimizada con distintos procesos discursivos.

O estado pasaba a ser o espello da nación e nación non era máis que a alma popular que por primeira vez na historia víase libre de cadeas impostas. Estas cadaes púxoas a nobleza que, coa monarquía coma baluarte dos seus privilexios, oprimiron a verdedeira ánima nacional e que agora a burguesía conseguía rescatar. A burguesía erguíase coma a defensora e gardiá dos verdadeiros intereses da nación pero precisábase que todas as demáis clases sociais participasen da construción nacional e para que as clases populares tivesen claro que formaban un todo coa burguesía centrouse o discurso nos aspectos que nos unían coma Pobo.

Para as lecturas máis extremistas desta idea a única solución era varrer todo isto e proclamar unha república feita baixo os intereses da burguesía que se levantaba coma a salvadora da nación. Para as lecturas máis calmadas compría un pacto de reconciliación nacional onde a burguesía pasaba a ser a clase dominante pero seguían a existir a monarquía e a nobleza. Fose a que fose a formulación que triunfase nos distintos antigos reinos absolutistas a realidade é que a revolución burguesa e a súa interpretación triunfou.

Todo isto que ten que ver co título do artigo? Estás a dicirnos que as identidades nacionais son simples inventos? Non, non vou eu a negar as nacións ou a súa lexitimidade. O que quero é poñer á vista de todos que a interpretación de que a nosa identidade é só a nacional é unha manipulación feita para lexitimar os estados modernos impondo a uniformización e castigando a disidencia, de igual xeito que a interpretación da nosa identidade territorial coma únicamente nacional tamén o é.

A identidade dunha persoa é poliédicra: temos unha identidade sexual, de xénero, de clase e distintas identidades territoriais, culturais, lingüísticas… A diversidade é un valor intrínsecamente contrario aos canons. A identidade nacional de corte burguesa non entende a diversidade e é a lectura maioritaria que se fai desta incluíndo os movimentos que se din antiburgueses. Compre entendermos a diversidade.

A miña identidade territorial xira ao redor da miña identidade nacional, é verdade, eu preséntome ante o mundo coma asturiano pero non é a única. Teño unha clara identidade territorial de Ventanielles que é o lugar onde me criei, identifícome tamén cos concellos de Morcín, Mieres e Quirós aos que estou ligado por motivos familiares. Declárome tamén abertamente europeísta e son partidario de potenciar os lazos de unión con outros pobos cos que temos unha relación histórico-cultural particular como son os veciños, os do arco atlántico ou os hispanoamericanos. E todas estas identidades son completamente compatíbeis.

Pero non só é cuestión de entender isto. É cuestión de entendermos que outro tipo de identidades, a de clase por exemplo, tamén son compatíbeis coas territoriais e aqueloutras que puxen máis derriba. A identidade dunha persoa, xa o dixen, ten moitas caras. Que valores e importanza se lle dea a cada unha delas é, na miña opinión, un traballo de construción identitaria persoal.

No meu caso, a miña identidade científico-profesional (por chamarlle de algún xeito) e as miñas identidades lingüísticas forman, xunto coa miña identidade nacional, o feixe principal de identidades que me poden definir coma persoa. Para min ser asturiano é tan importante como ser romanista e falante de asturiano, de galego, de catalán, de italiano, de aragonés e castelán. Si de castelán tamén, é a miña lingua, todas elas son as miñas linguas porque a todas elas as fixen miñas, parte indisolúbel da miña identidade.

A miña lingua familiar, o asturiano, ten un valor emocional, de identificación cultural e territorial que fai que sexa a primeira de todas as miñas linguas. Pero ser neofalante, e disto prometo falarvos largo y tendido noutro artigo, é parte importante da miña identidade tamén. Coñecer outras comunidades lingüísticas que non eran a miña primeira e o esforzo de reconstrución persoal constante para as engadir á miña ánima e, posibelmente, un dos rasgos do meu ser do que máis orgulloso estou. Pertenzo, sen complexos de ningún tipo, a distintas comunidades idiomáticas, a distintos xeitos de ver e verbalizar a realidade, a distintas tradicións literarias… etc.

De ter que marchar a vivir a outro país que non sexa o meu (cousa moi probábel) farei un esforzo real por integrarme nel e iso non é máis que facelo meu, aumentar a miña identidade nacional a dúas: a asturiana e a nova. E iso non me vai xerar ningunha molestia nin contradición: abrazar a nova identidade nacional non implica renuniar á asturiana.

Isto que dixen derriba queda moi bonito dito así pero tamén compre non esquecer que se dá no senso contrario: abrazar a identidade nacional asturiana non implica renunciar a outra previa. É moi importante que non o esquezamos porque moitas veces, sen querelo, caemos nos mesmos prexuízos e imposicións das que dicimos querer fuxir. Se queremos construír unha sociedade nova hemos de ter moi claras cousas coma esta e non podemos obrigar á xente que chegue a Asturias a deixar a súa lingua, a súa cultura e a súa identidade como moito para a súa intimidade.

Compre, entre outras moitas cousas, coñecer e preocuparse por todas as culturas que chegaron a Asturias nas últimas décadas. Compre dicirlle a toda esa xente que trouxo estas culturas ao País: grazas, grazas por nos enriquecerdes. Compre, en definitiva, un novo discurso identidario asturiano que teña en conta a diversidade de todo tipo, que poña en valor as nosas linguas nacionais (o galego e o asturiano) e todas as outras que chegaron e poden chegar, que actualice a nosa cultura tradicional e, sobre todo, que non lle diga á xente que son precisas reconversións identidarias para participaren do Proxecto Nacional Asturiano.

Por todo isto quixera por enriba da mesa a necesidade de incluír dentro dese novo discurso nacional asturiano á idea da diversidade non só interna a todos os niveis (dúas linguas nacionais, identidades parroquiais, de concello e comarcais, identidade rural-urbana, identidades de xénero, identidades sexuais…) sinón tamén a diversidade que nos chegou de fóra e forma parte xa da nosa realidade chegases estas hai moito ou fai catro días (o papel do castelán na sociedade, como facilitar o mentemento das novas comunidades lingüísticas, integrar as identidades nacionais chegadas… etc). É unha tarefa dura, pero o proxecto paga a pena.

Sermos inclusivos, entendermos a diversidade, construírmos coma Pobo.

Advertisements

One thought on “Entedermos a diversidade identitaria

  1. Pingback: O gigante que compre espertarmos | República Asturiana

Dexa un retruque

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s