Asturias e a necesidade dun proxecto de País

Tamos vivindo tempos movidos políticamente falando tanto nel País como nel conxunto del Reino de España. Tempos nos que posiblemente tea fraguándose el futuro político nun sentido amplo para as próximas décadas.

Nel Reino de España a aparición del proxecto político de Podemos revolveu a escena política darriba a baixo. Por outro lado as experiencias ben parecidas nel país vecín coa aposta de Beiras fálanos, xunto colos resultados das europeas, del potencial electoral que tein agora mesmo este tipo de iniciativas. El proceso soberanista catalán e a clara demostración de que esta vez el proceso de paz aberto en Euskal Herria vai en serio súmanse ás outras realidades que falan de cambios nas reglas del xogo fixadas pol Réxime del 78.

A todo esto hai que engadirlle toda a podremia del propio Réxime: a submisión incondicional ás políticas da troica col cambio da sacrosanta constitución, el desmantelamento dos servizos sociales, a visibilización da corrupción xeralizada, úa represión policial maior da xa existente… etc.

El descontento social é máis que visible. En Cataluña, Euskal Herria e Andalucía as esquerdas propias que levan ben de anos traballando nas rúas por cambios, por construiren País, están vindo froitos de todo ese traballo. Dende úa identidade española chegou primeiro el fenómeno 15M e despois as mareas en defensa dos servizos públicos.

Creo que hai que fer mención a dous fenómenos ben chamadeiros como son a PAH, que nace en Cataluña con úa clara visión nacional catalana e que se propagou axina pol resto del Reino, e a actuación del Sindicato Andaluz de Trabajadores/as que dende úa clara visión nacional andaluza colleu especial relevancia e peso moral nel conxunto de movilizaciois sociales del Reino (moitas veces grazas a que se cala por parte da esquerda española esa visión nacional andaluza á hora de presentalos como exemplo a seguir).

A alternativa política que se xestou nel Reino, e que representa tanto el espírito del 15M como el de Podemos, é canalizar ese descontento na idea dos cidadanos contra a casta que non nos representa e en defensa dos servizos sociales. Un discurso fácil de dixerir por maiorías sociales e que deixa fóra de lugar á esquerda máis tradicional inda encerrada en termos que a sociedade rexeita. E non solo eso, senón que el traballo desenvolto nas instituciois por parte de IU como úa peza máis del engranaxe del Réxime empeza pasarlles factura.

En Asturias por primeira vez en moito tempo non chegamos tarde aos cambios políticos e Podemos leva xentándose nel País tanto tempo como nel sou lugar de nacimento: a Universidade Complutense de Madrid. Os mesmos nomes e caras que empezaron a mover as asambleas del 15M son as mesmas caras e nomes visibles del proxecto Podemos Asturias. Por outro lado tamén nel noso País entraron a este proxecto persoas que vían doutros ámbitos que non son estrictamente el 15M.

Sen entrar a valorar outro tipo de cuestiois, a realidade política agora mesmo é que (quitando Galicia, Euskal Herria, Cataluña e Andalucía) a alternativa social enriba da mesa é a que se xestou dende as movilizaciois populares en Madrid e que ten dúas bandeiras principales: defensa dos servizos sociales públicos e rexeitamendo de todo aquelo que representou a praxe política del Réxime del 78 que Podemos tan hábilmente chamou casta. Sen lugar a dúbidas todo ese descontento está sindo canalizado por Podemos, indo as outras formaciois políticas sempre por detrás nas súas formulaciois políticas.

A cousa é, como femos para articular eso en Asturias? Onte falándolo precisamente entre un grupo de persoas non-Podemos (imos garrar esta etiqueta para todo el conglomerado de persoas, ideoloxías, partidos e movimentos que decidimos non participar deste proxecto político concreto) un militante del PCE-Asturias falaba da dificultade de crear un frente amplo xunto con Podemos para conseguir que non gobernase el PSOE en Asturias.

A dificultade formulada por esta persoa era que nel noso País el PSOE tía a baza argumental de que aquí non se levou alantre ese desmantelamento dos servizos sociales públicos. Esto é certo. A precariedade laboral del profesorado e a mala xestión da atención sanitaria (as dúas únicas cousas das que se fala condo se diz “servizos sociales públicos”) non tein absolutamente nada que ver coa crise e ademáis non se notou un empeoramento significativo da situación dende que chegou el PP al goberno del Reino que é tamén a principal preocupación, que a dereta (el PP) goberna (en Madrid, claro).

A sociedade asturiana é úa sociedade especialmente provinciana e acomplexada. Solo empezou a movilizarse maioritariamente contra os sous problemas económico-sociales condo nel conxunto del Reino hai esa movilización e segue tragando col discurso que ven de fóra. Para mostra non hai máis que ver que a maioría das movilizaciois pola Escola Pública foron contra a famosa Lei Wert pero pasaron inadvertidos para el conxunto da sociedade os ataques al profesorado, a precarización inda máis dos interinos, el mantenimento das axudas aos colexios concertados… etc. da propia Xunta del Principado de Asturias gobernadas case que ininterrumpidamente pol PSOE.

A cuestión é que a esquerda española en Asturias, como é el caso del PCE, tampouco ten úa visión real da problemática asturiana. Non ten Asturias us problemas estructurales propios aos que lles dar úa solución? Tenemos que seguir reproducindo discursos feitos para outras realidades que non son a nosa? A resposta optida a estas preguntas foi que: «Asturias é parte de España anque algús non quírades». Pois ben, esto tamén é certo. Eso si, eu esíxolle que me tatre, entós, como a un español máis, que atenda a mías necesidades e que me ofreza úa alternativa política. Ou é que hai españoles de primeira aos que lles fer caso e españoles de segunda que xinxelamente temos que tragar colo que nos digan?

Aquí é onde queda ben clara a necesidade dun proxecto de País para Asturias, un proxecto político pensado dende e por Asturias, que dea resposta aos nosos problemas estructurales e nos articule politicamente como comunidade humana, como País. É necesario abrir un Proceso Constituinte en Asturias cara a romper col Réxime del 78 nel que participen (participemos) todas as esquerdas presentes nel País. É el momento de sermos xenerosos e consecuentes colos nosos discursos se é que de verdade cremos na soberanía del Pobo Asturiano, que tanto reivindicamos us, e nas ideas confederalistas, que tanto reivindican os outros.

Cual é a mía proposta? A mía proposta é clara: reeditar os pactos de San Sebastián adaptándolos e actualizándolos. Esto é, crear un frente amplo de todas as esquerdas de Asturias con un programa político cara á abertura dun Proceso Constuinte nel País que acabe coa proclamación da República de Asturias dentro da República (Con)Federal Española.

Non, non atolecín; e si, sigo sindo independentista. A independencia de Asturias agora mesmo é un proxecto político inviable al non ter nengún tipo de base social real e sobre todo non tendo nengún tipo de proxecto de País. Acepto a realidade e, polo tanto, acepto esta opción confederal que si é viable (de traballarmos xuntos) como a mellor salida á actual problemática e como un primer paso cara á consecución da plena soberanía del Pobo Asturiano.

Non nos enganemos, a alternativa a esto é seguir como tamos ou non participar con voz propia dos previsibles procesos constituintes que se abran nas distintas naciois del Reino e mesmo nel propio proceso constituinte republicano que acabe col Réxime del 78.

Que ten que llevar ese programa de rotura? Pois úa serie de cuestiois básicas que podería resumir nos seguintes puntos:

  1. El reconocimento del Pobo Asturiano como suxeito político soberano e participante activo del proceso constituinte da República Federal Española. Como consecuencia reconoceríase a República de Asturias e el sou dereto á autodeterminación. Desto deríbase tamén a capacidade desta república de falar en nome del País en instituciois políticas supraestatales e el sou dereto a decidir se se quere participar delas ou non.

  2. A República de Asturias tería: soberanía fiscal con úa Facenda Pública Asturiana; a cooficialidade del asturiano e del gallego de Asturias como linguas nacionales da República xunto col castellán; e soberanía educativa con un sistema educativo propio.

  3. Haberá que garantizarse tamén a plena soberanía en infraestructuras cara a desenvolver un plan de cohesión territorial (tren, carreteiras, portos…) que asegure un País vertebrado.

  4. Úa descentralización político-administrativa da nova Repúblida de Asturias baseada nun maior autogoberno dos concellos del País asina como el desenvolvimento da figura das parroquias nel ámbito rural e dos barrios no ámbito urbano como garantía de achegamento del poder de decisión aos cidadanos.

  5. Institucionalización da democracia participativa fendo del referéndum úa ferramenta básica nel novo ordenamento político-administrativo asina como doutras fórmulas que garanten a participación da cidadanía na toma de decisiois.

  6. Garantir os servizos básicos (sanidá, educación, renta básica, axudas sociales, pensiois…) a través dúa fiscalidade progresiva que grave ás grandes fortunas.

  7. Desenvolvimento dun plan agrario e gandeiro propio que reactive el agro asturiano cara á consecución da soberanía alimentaria. Del mesmo modo terá que se integrar neste obxectivo un plan pesqueiro. Ambos proxectos han prantiarse col dobre obxectivo de repoboar el País de xeito coordinado asegurando os servizos sociales básicos de toda a cidadanía.

  8. Desenvolvimento dun plan de patrimonio cultural material cara a súa rehabilitación e conservación que permita el sou estudio e a posta en marcha dun turismo cultural como recurso económico del País. Da mao deste plan e a cooficialidade dos idiomas nacionales crearáse tamén úa industria cultural propia colos idiomas, a cultuta e el patrimonio histórico-artístico como motores principales.

  9. Formular úa verdadeira reconversión industrial asegurando el mantimento das empresas actuales, a posta en marcha de novas e el desenvolvimento de industrias asequibles para el País.

  10. Soberanía ecolóxica e enerxética mirando de poer as bases dúa industria enerxética productiva non dañina para col noso medio natural. Manter limpos os espazos naturales e asegurar el mantenimento da fauna salvaxe en perigo han ser prioritarios.

Estos dez puntos creo que son mui básicos cara a abrir un verdadeiro Proceso Constituinte en Asturias e que nengún demócrata de esquerdas de verdade podería rexeitar. El sou desenvolvimento en políticas máis concretas é responsabilidade xa de todas e caduna das formaciois políticas que participaran dese frente de rotura. As formaciois políticas asturianistas terían que ter un programa político que las concretara, efectivamente. Pero deso falaremos outro día.

Evidentemente esto é xinxelamente úa proposta persoal lanzada dende un blogue… pero aí está por se é del interese de alguén.

Advertisements

One thought on “Asturias e a necesidade dun proxecto de País

  1. Pingback: O gigante que compre espertarmos | República Asturiana

Dexa un retruque

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

w

Connecting to %s